Publicador de contidos

Publicador de contidos

RENFE culpa a Talgo de impedir que A Coruña, Santiago e Vigo teñan xa AVE

RENFE culpa a Talgo de impedir que A Coruña, Santiago e Vigo teñan xa AVE

Di que a empresa leva atraso na entrega dos trens

Arquivo Arquivo
G24.gal 06/07/2022 19:56

RENFE analiza o contrato con Talgo para calcular as posibles penalizacións polo atraso na entrega de trens, que, segundo aclara, é o que impide que A Coruña, Santiago e Vigo teñan xa servizo de AVE.

"Tras constatar o atraso, por parte de Talgo, na entrega dos trens de alta velocidade S106, que debían ser entregados para poder entrar en servizo este verán, Renfe está a analizar o contrato para determinar as posibles penalizacións correspondentes", informa nun comunicado.

A entrega das primeiras unidades estaba prevista para xaneiro de 2021, pero a empresa construtora non fixou data de entrega definitiva.

"A non entrega destes trens impediu que Santiago, Vigo e A Coruña dispoñan de AVE desde decembro de 2021", engade.

Renfe adxudicoulle a Talgo a fabricación de 30 trens de alta velocidade, dos que 15 serán de ancho variable (que lles permite circular por vía convencional e estándar), cun investimento de 786,5 millóns de euros.

"Os novos trens permitirán mellorar considerablemente a oferta de Renfe en todo o ámbito AVE-Longa Distancia, como, por exemplo, os servizos entre Madrid e Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo; maior número de frecuencias, maior oferta de prazas e redución de tempos de viaxe nalgúns percorridos", conclúe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos