Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe anuncia posibles cambios ante as numerosas queixas polos horarios dos trens en Galicia

Renfe anuncia posibles cambios ante as numerosas queixas polos horarios dos trens en Galicia

A chegada da alta velocidade a Ourense, o pasado 21 de decembro, obrigou a Renfe a axustar horarios nas conexións de Ourense con Santiago, A Coruña e Vigo

Os horarios non convencen os usuarios. De feito, levan todo este tempo organizándose para recuperar os antigos.

Reuniron centos de sinaturas e agora Renfe anuncia que estudarán esas peticións

G24.gal 17/01/2022 13:59

Os usuarios dos trens das liñas de Ourense, Santiago, Coruña e Vigo protestan polo cambio de horarios que supuxo a chegada o AVE a Galicia o pasado 21 de decembro.

Houbo reaxuste nos horarios e agora, por exemplo, o primeiro tren de Coruña a Santiago e a Ourense sae media hora antes, sae outro hora e media despois, din os usuarios que é demasiado tarde para pode cumprir coas obrigas laborais.

Os usuarios afectados congregáronse en varias plataformas e conseguiron centos de sinaturas.

Piden unha volta aos horarios antigos ou que aumenten as frecuencias tendo en conta os horarios laborais e universitarios.

Os sindicatos ferroviarios aplauden estas peticións e sinalan ademais que falta persoal e que moitos servizos que se suspenderon trala pandemia nunca foron repostos.

Dende Renfe Galicia aseguran que se van reunir cos representantes da plataforma nos vindeiros días e que están estudando a posibilidade de cambiar horarios para adecualos as súas peticións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade