Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remolcan un pesqueiro con seis tripulantes que se atopaba á deriva ao norte de Punta Lagosteira

Remolcan un pesqueiro con seis tripulantes que se atopaba á deriva ao norte de Punta Lagosteira

O pesqueiro sufriu un fallo no eixe da hélice, polo que solicitou axuda ao Centro de Coordinación da Coruña
 

Salvamar Betelguese-SALVAMENTO MARÍTIMO Salvamar Betelguese-SALVAMENTO MARÍTIMO
G24.gal 13/02/2026 10:29

Salvamento Marítimo remolcou este xoves un pesqueiro con seis tripulantes que se atopaba á deriva a catro millas ao norte de Punta Lagosteira.

Segundo trasladou o servizo de emerxencias, a intervención foi levada a cabo pola Salvamar Betelguese, que regresou a media noite á base tras realizar este remolque.

Ao parecer, o pesqueiro sufriu un fallo no eixo da hélice, polo que solicitou axuda ao Centro de Coordinación da Coruña, que coordinou a emerxencia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade