Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata a primeira xornada de exames da ABAU en Galicia

Remata a primeira xornada de exames da ABAU en Galicia

As probas continuarán mañá e ata o xoves e as notas publicáranse o 16 de Xuño

G24.gal 07/06/2022 21:29 Última actualización 07/06/2022 21:37

Hoxe celebrouse a primeira xornada dos exames da ABAU, antiga selectividade. Preto de 13.000 alumnos galegos xogan neste trámite boa parte das opcións para acceder á carreira que queren. 

A ABAU da volta á normalidade rematou a súa primeira xornada co exame de Economía da Empresa e Deseño ás sete da tarde. Os alumnos tiveron os primeiros seis exames desta avaliación, moi importante para eles, xa que dela depende o 40 % da nota de corte para acceder aos distintos estudos universitarios.

Coma todos os anos, foi unha xornada marcada polos nervios, dado o carácter decisivo do exame e do momento, que foron acougando a medida que transcorrían as probas.

Agora mesmo os alumnos apuran as últimas horas de estudo de cara a mañá, cando moitos deles están convocados para as materias de Lingua Galega e Literatura. A ABAU rematará o xoves e os resultados coñeceranse unha semana despois, o día 16 deste mesmo mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade