31 de agosto: remata unha operación retorno gradual e tranquila
Rematan as vacacións de verán para a maioría
Os aeroportos rexistran un intenso movemento, pero lonxe do que é habitural un 31 de agosto
"Fomos por toda Galicia, fomos por Santiago"
"Fun á praia, fun á rocha máis afastada e máis longa de todas"
"Encantounos todo"
Rematan as vacacións, pero marchan de Galicia con bo sabor de boca, coa maleta chea de experiencias e, sobre todo, con moitas ganas de volver.
"Volvemos a Valencia despois de facer o Camiño de Santiago e moi ben, moi guai, con pena de que se acaben as vacacións"
"Desconectamos moito aquí, o ambiente, a comida, encántanos vir aquí"
"Tristes porque nos imos, pero contentos porque imos estar con papá e imos volver á nosa vida diaria"
Hoxe viaxaron os que quixeron aproveitar ata o último minuto antes de volver ao traballo.
"Ata o último, ata o último segundo e xa de volta á casa"
"Mañá comezo, xa está, xa estou no choio como se di, remataron as vacacións hoxe"
Máis felices están os que as comezan
"Empezamos as vacacións, 5 días que imos a Cádiz e moi ben, moi contentos"
"Si, marchamos de vacacións hoxe para Málaga, imos a un festival"
Para ser un 31 de agosto hoxe no aeroporto había xente, pero non a trasfega doutros anos.
"Si, viñemos con tempo por iso porque pensamos que estaría cheo, pero parece que está bastante ben"
Hai medo tamén aos atrasos pola folga.
"De momento moi ben, en hora, moi tranquilo, veremos o que pasa cando esteamos dentro"