Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata a Liga Feminina para o Ensino e o Baxi Ferrol

Remata a Liga Feminina para o Ensino e o Baxi Ferrol

G24.gal 17/04/2022 23:18

O Durán Maquinaria Ensino tiña algunha remota posibilidade de acceder ao play-off do título, pero a derrota ante o Xirona na última xornada deixou o equipo lugués na décima posición. 

Despois dunha temporada con moitas ausencias por lesións, marcada pola esixencia que supuxo a participación europea e con troco de adestrador, o décimo posto final sabe ben para un Ensino que acabou a temporada nun bo momento de forma. 

O partido contra o Xirona acabou cun 69–75 encamiñado no primeiro cuarto para as visitantes (13–25). O Ensino recuperou no último cuarto, pero non foi dabondo para poder sumar a vitoria. Van den Adel con 19 puntos foi a máxima anotadora do partido. 

O Baxi Ferrol non puido manter a categoría no seu regreso á elite do baloncesto feminino. Acaba con seis triunfos e con cinco derrotas finais. Tocará reinventarse para afrontar con ilusión un novo proxecto na LF2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos