Cargando resultados...
Reganosa redobra o seu papel loxístico en plena crise enerxética
Reganosa redobra o seu papel loxístico en plena crise enerxética
A planta de Mugardos é unha das seis entradas de gas a España por vía marítima
G24.gal
03/11/2021 16:15
A planta de Mugardos é unha das seis entradas de gas a España por vía marítima, unha opción que o Goberno reforzou para garantir a subministración. De feito, Reganosa vai recibir unha desas descargas adicionais xa aprobadas polo Executivo.
A previsión da compañía é que pechará o ano con cifras de récord: 25 buques que descargarán 3,8 millóns de metros cúbicos de gas. Estas instalacións da ría de Ferrol, en que traballan 171 empregados, cobran así dobre protagonismo, como infraestrutura de almacenamento e como vía de transporte de combustible, en plena crise enerxética.