Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía realiza unha redada nun pub da rúa coruñesa do Orzán por segunda vez en dúas semanas

A policía realiza unha redada nun pub da rúa coruñesa do Orzán por segunda vez en dúas semanas

Os axentes xa comisaran droga no local hai quince días

G24.gal 26/04/2024 14:09

Contra as sete e media da mañá, axentes da Policía Local, uniformados e de paisano, irrompían nun pub da rúa Orzán para levar a cabo unha redada antidroga en que participou tamén un dos dous cans do 092. "Outra?? Isto é frecuente. Ata que teñan unha orde de peche", di unha veciña.

Os axentes evacuaron o establecemento. Xa no exterior rexistraron os clientes e procederon á súa identificación. Entrementres, outros policías de paisano inspeccionaban con lanternas todos os recunchos do local á procura de estupefacientes. E non é a primeira vez. Hai dúas semanas, no mesmo pub, xa interviñeron drogas e material para a súa manipulación.

"Entraron pola praza a moita velocidade, que case me levan por diante. A policía veu en cinco coches...".

Aconteceu na mesma beirarrúa e a escasos metros de onde hai unha semana un mozo resultou ferido grave tras recibir catorce coiteladas. Unha brutal agresión pola que catro homes ingresaron en prisión o domingo pasado. "Aquí ten que haber máis policía e máis intervencións". 

Cren que é a única solución para poder recuperar a súa tranquilidade, pero, sobre todo, a seguridade na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade