Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recupéranse favorablemente os dous feridos no accidente de lancha na Illa de Arousa

Recupéranse favorablemente os dous feridos no accidente de lancha na Illa de Arousa

O piloto da embarcación faleceu despois de quedar atrapado debaixo da batea

G24.gal 24/07/2022 15:33

O home e a muller que quedaron feridos despois de que a lancha en que ían chocara contra unha batea evolucionan favorablemente. 

Os dous, que son parella, continúan ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro con distintas lesións, ningunha de gravidade.

No sinistro, que sucedía onte á tarde nas augas da ría de Arousa, faleceu outro ocupante un home madrileño de 51 anos. Ía sentado nun asento na proa cando a barca deu coa batea.

O outro matrimonio que tamén ía na pequena embarcación de recreo saíu ileso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar