Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recuperan en Madrid un cadro de Francis Bacon valorado en 5 millóns de euros roubado en 2015

Recuperan en Madrid un cadro de Francis Bacon valorado en 5 millóns de euros roubado en 2015

Coa recuperación deste cadro, valorado en cinco millóns de euros, só queda un en paradoiro descoñecido

G24.gal 23/05/2024 12:42

A Policía Nacional recuperou outro dos cinco cadros do artista Francis Bacon roubados nunha vivenda de Madrid en 2015.

Coa recuperación deste cadro, valorado en cinco millóns de euros, só queda un en paradoiro descoñecido.

Os investigadores chegaron ata a obra roubada despois da detención de dúas persoas que supostamente actuaron como receptores doutras dúas pinturas de Bacon.

Os cinco cadros subtraídos pertencen a un amigo e herdeiro do artista anglo irlandés e están valorados en 25 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade