Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recuperada unha especie vexetal ameazada no parque eólico de Castelo

Recuperada unha especie vexetal ameazada no parque eólico de Castelo

Trátase de Centaurea ultreiae, unha especie vexetal moi difícil de reproducir

Endesa está a recuperala grazas a un programa de mellora da biodiversidade, que leva a cabo Enel Green Power España (EGPE)

G24.gal 08/02/2022 12:17

No parque eólico de Castelo, nos concellos de Coristanco e Tordoia, descubríronse unhas ducias de exemplares de Centaurea ultreiae, unha especie vexetal moi difícil de reproducir. Agora estase a recuperar grazas a un programa de mellora da biodiversidade que leva a cabo Enel Green Power España (EGPE), a división de enerxías renovables de Endesa.

Despois de localizar esta especie, Endesa encargou un estudo para protexela e favorecer o seu desenvolvemento e expansión. Os expertos delimitaron cinco zonas nas que había 220 plantas, unha superficie duns 2.000 metros cadrados. Este terreo foi sometido a unha roza especial, para eliminar a vexetación que competía cos exemplares de Centaurea ultreiae ata asfixialos.

A Centaurea ultreiae é unha planta perenne con gromos laterais subterráneos e unha raíz grosa que foi descrita por primeira vez en 1987 polo científico Francisco Javier Silva Pando. Trátase dun endemismo galego, moi ameazado pola destrución do seu hábitat, que presenta un ciclo vital delicado e unha marcada vulnerabilidade; de aí a importancia de acometer un plan especial para garantir a súa conservación. A súa reprodución sexual é moi baixa, pero tamén pode multiplicarse a partir das súas longas raíces carnosas, que se fragmentan e dan lugar a novas unidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar