Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viveiro recupera os actos da súa Semana Santa tras a pandemia

Viveiro recupera os actos da súa Semana Santa tras a pandemia

A procesión da Burriquiña encheu as rúas de palmas, loureiro e oliveira

G24.gal 10/04/2022 14:46

Malia que a procesión da Burriquiña non saíu de San Francisco ata as doce da mañá, xa dende primeira hora había xente, coas súas palmas ou coas ramiñas, esperando polo paso. Moita emoción contida nunha cidade na que a Semana Santa ten unha gran tradición.

Cos primeiros acordes, a xente xa se ía achegando á imaxe da Burrriquiña. A tradición manda zapatos novos e palma.
Os viveirenses e os turistas atendían ao paso cunha grande expectativa. Había moitas ganas.

A praza estaba chea coma antes da pandemia para atender á beizón dos ramos, o memento máis esperado da procesión.
Esta tarde espérase que de novo moita xente acuda á procesión do ecce homo, que sae ás sete e media de San Francisco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade