Publicador de contidos

Publicador de contidos

Solidariedade tamén é reconstruír con tatuaxes as aréolas de mulleres con mastectomía

Solidariedade tamén é reconstruír con tatuaxes as aréolas de mulleres con mastectomía

Diego González ten o seu estudio en Sanxenxo 

Faino gratuitamente e en homenaxe á súa avoa que faleceu de cancro de mama

G24.gal 31/05/2025 14:49

Diego González exerce como tatuador desde hai uns doce anos. Ten o seu centro de tatuaxes en Sanxenxo. Nel, ademais de realizar traballos coma estes, axuda gratuitamente a mulleres con cancro de mama que se someteron a unha mastectomía coa reconstrución a través de tatuaxes das aréolas das mamas.

"A sensación que tiven ao conseguir ese cambio nesa muller, non só físico senón emocional e conseguir ti como artista ese sorriso para min foi incrible", di Diego González Torres, tatuador.

Tardou unhas tres horas en realizar traballos coma este. Tamén nos conta que algunhas mulleres usan as tatuaxes para cubrir as cicatrices e mesmo escollen deseños máis ornamentais, coma estes que realizaron noutros centros ou noutros países.

"É unha elección persoal, unha muller probablemente ver as aréolas e ver o seu corpo como era antes, pero tamén hai quen quere adornalo con flores, son case infinitas as posibilidades", engade.

Diego comezou con esta acción solidaria e altruísta pensando na súa avoa Dolores.

"A miña avoa morreu de cancro de mama, non puiden ir ao enterro, pasaba un momento difícil, e marcoume bastante. Eu das miñas avoas só teño un recordo de cariño", destacou.

Di querer devolver ese cariño á sociedade e impulsar, en certo modo, unha cadea de favores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos