Sanidade recomenda non consumir auga da billa en Maside, A Rúa e A Veiga
A auga segue dispoñible, pero Sanidade desaconsella o seu uso alimentario
Agardan resolver a situación nun prazo máximo de dous ou tres días
As autoridades sanitarias recomendan aos veciños dos concellos ourensáns de Maside, A Rúa e A Veiga que non consuman a auga da billa para uso alimentario debido ao incumprimento dun dos parámetros analizados nas mostras.
Sanidade recomenda non cociñar nin beber da traída nestes tres municipios ata novo aviso.
A restrición afecta a todos os fogares, aínda que a subministración non se interrompeu.
Sanidade indicou que esta alteración non está vinculada co apagamento da semana pasada e que o problema detectado nas análises sitúa un dos parámetros por riba do límite recomendado.
"Desde o 2025 temos en conta un novo parámetro, o que mide a presenza dos ácedos halioacéticos. Nas analíticas completas que teñen que facer os concellos para vixilar a calidade da auga de consumo hai que medir este parámetro. Estes ácedos se producen como subproducto da materia orgánica da auga que se capta no momento da desinfección, normalmente durante a cloración. Por iso é importante cumprir a lexislación estatal e que non supere o valor de 60", explica Laura López del Castillo, a directora Territorial de Sanidade en Ourense.