Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recomendan denunciar sempre os abusos na contratación telefónica de servizos

Recomendan denunciar sempre os abusos na contratación telefónica de servizos

Aínda que se resolva directamente coa compañía, é conveniente denuncialo tamén en Consumo 

Nos casos máis graves, como usurpacións de identidade, a Unión de Consumidores de Galicia recomenda ademais a vía penal

G24.gal 05/10/2022 14:35

A María Espín sorprendeuna o grande incremento do recibo da luz na casa que o seu sogro, Avelino, tiña en Pedrafita. Así foi como descubriu que lle aplicaran un cambio de tarifa. A modificación fíxose a través dun contrato telefónico supostamente aceptado de viva voz polo titular, segundo os audios que ao final lle acabou remitindo a propia comercializadora. 

O insólito é que Avelino morreu hai máis dez anos, por iso María amais de reclamar e resolver o asunto coa empresa, decidiu denunciar publicamente a fraude. 

Desde a Organización de Consumidores de Galicia valoran a súa iniciativa de facer público o caso e dada a gravidade aconsellan tomar medidas tamén a nivel penal. Desde a Unión de Consumidores de Galicia valoran a iniciativa de María de facer público o caso e dada a gravidade aconsellan tomar medidas tamén a nivel penal. 

Segundo esta entidade de defensa dos consumidores, este nivel de fraude non é o que máis se dá. O que prima son as actuacións enganosas por parte dalgúns axentes para lograr que o cliente cambie de comercializadora. En calquera caso, aínda que se resolva o asunto directamente coa comercializadora, recomendan presentar unha denuncia en Consumo para que aperciban ás empresas e as obriguen a extremar a vixilancia do que se fai no seu nome. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos