Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recital dun Breogán que afina a posta a punto para a Copa

Recital dun Breogán que afina a posta a punto para a Copa

Impúxose por 99-82 a todo un Valencia Básket

Dzanan Musa, imperial. 31 puntos e 47 de valoración

G24.gal 13/02/2022 18:43

O Breogán chegará á Copa despois de pasarlle por riba a todo un Valencia, un dos mellores equipos da Liga ACB (99-82). O segundo tempo do equipo lucense foi do mellor que se viu esta temporada, e iso que o equipo fixo partidos para enmarcar. 

Comezou o partido con dominio breoganista grazas ao acerto de Quintela e de Musa (11-5). Valencia reaccionou co tiro exterior de Hermansson que deixou igualado o partido (20-16). No segundo cuarto o Breo pegou un estirón (24-18) máis aí quedou a diferenza. Cun grande acerto desde a liña 6,75 Valencia recuperouse e xusto antes do descanso colleitou a súa primeira vantaxe cun 39-41. 

O terceiro cuarto seguía polo mesmo camiño (49-51) ata que apareceu Musa. O bosníaco liderou a un equipo desatado que colleitou un parcial de 17-2 (66-53) e rachou o partido. Ao remate do cuarto o resultado era de 76-65. 

Lonxe de recuperar camiño o Valencia afundiuse e o Breogán aproveitouno para facer sangue no último período. Chegou a ter unha máxima de 19 puntos (88-69) e acabou gañando por dezasete de diferenza. Musa (31 puntos e 47 de valoración) estivo maxistral e agora busca sorprender na Copa a todo un Real Madrid. 

Esta mañá presentaron a camiseta da Copa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade