Recital de Jessica Bouzas diante de Gauff, a número 4 da clasificación mundial
A tenista vilagarciá impúxose no primeiro partido da eliminatoria da United Cup por 6-1, 6-7 e 6-0
A tenista vilagarciá Jessica Bouzas segue derrubando muros. Por primeira vez na súa carreira impúxose a unha tenista do Top 5 mundial. Desta volta derrotou á estadounidense Coco Gauff (número 4 e gañadora de dous Grand Slams) na eliminatoria da United Cup.
O xeito no que o conseguiu tamén foi noticia porque no primeiro e no terceiro sets só lle deixou gañar un xogo á súa rival, totalmente superada polo xogo da galega. Bouzas impúxose na manga inicial por 6-1. Na segunda reaccionou Gauff que chegou ata o tie break e logrou forzar o terceiro set (6-7). O partido encamiñábase ata un desenlace incerto pero nada máis lonxe da realidade. Bouzas mallou nunha das mellores tenistas do mundo cun 6-0.