Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro Ferllo e Altimira, chegar e encher no equipo titular de Hidalgo

Álvaro Ferllo e Altimira, chegar e encher no equipo titular de Hidalgo

O adestrador apostou polo troco na portería e confioulle o lateral dereito ao ex-xogador do Vilarreal

G24.gal 05/01/2026 09:49

Levaban unha semana de adestramentos pero Antonio Hidalgo amosou a súa confianza nos dous últimos en chegar ao cadro coruñés. Altimira ocupou o posto no lateral dereito, unha posición na que o técnico tivo que facer experimentos nos últimos tempos despois da lesión de Ximo Navarro. 

Sorprendeu máis a aposta por Álvaro Ferllo na portería. Germán Parreño gañara o recoñecemento de compañeiros e afección cunha gran primeira parte do campionato, pero Hidalgo deulle a alternativa ao que fora o seu pupilo no Huesca malia levar moitos meses sen xogar un partido como titular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade