Baño de masas e récord de asistencia no adestramento a portas abertas do Celta
Más de 6.500 persoas asistiron ao adestramento no estadio de Balaídos
Na sesión non estivo Damián Rodríguez, que está a ultimar a súa cesión ao Rácing de Santander
Balaídos recibiu o celtismo na mañá do 5 de xaneiro para acoller un adestramento a portas abertas moi especial, unha cita que permitiu adiantar por unhas horas a chegada dos Reis Magos. Desde moi cedo, numerosas familias achegáronse ao estadio coa ilusión de ver de preto ao equipo, sacarse unha foto ou conseguir a sinatura do seu xogador favorito.
Coincidindo coas vacacións de Nadal e tras a vitoria fronte ao Valencia, a afección respondeu e acompañou ao Celta nunha sesión preparatoria previa ao partido do luns ante o Sevilla.
Ás once da mañá, os xogadores saltaron ao céspede nun día frío, pero arroupados pola calor de de 6.511 afeccionados, a maior asistencia rexistrada nun adestramento a portas abertas en Balaídos. Ao finalizar a sesión, os futbolistas compartiron tempo co celtismo, poñendo o broche de ouro a unha mañá cargada de ilusión que para moitos foi un agasallo de Reis adiantado.
No adestramento deste luns non estivo Damián Rodríguez, que está a ultimar a súa cesión ao Racing de Santander. Non se adestrou Ionut Radu a pesar de estar en Balaídos.
Carl Starfelt fixo parte do adestramento co grupo tras non poder xogar ante o Valencia por unha lumbalxia.
Unha mañá de Reis moi especial con todos vós 🩵👑 Moitas grazas polo apoio, celtismo! pic.twitter.com/aQXahGxtf9
— Xuntos Celta (@XuntosCelta) January 5, 2026