Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retómase a busca dun septuaxenario con alzhéimer desaparecido en Oleiros

Retómase a busca dun septuaxenario con alzhéimer desaparecido en Oleiros

Ao home, de 76 anos, perdéronlle a pista contra a unha da tarde deste martes na contorna da súa vivenda

G24.gal 31/12/2025 14:00

En Oleiros seguen á procura de Víctor. Ten 76 anos e padece alzhéimer. Os seus perdéronlle a pista nunha urbanización de Oleiros, na que vive, contra a unha da tarde deste martes.

"Foi ao estanco de Oleiros e, desde entón, non se viu. Ás sete da tarde chamou uns familiares e explicoulles a zona na que estaba, cremos que entre o Mercadona e Soñeiro", explica Adal Robles, responsable en funcións dos bombeiros de Oleiros.

O seu teléfono móbil xa non volveu a estar operativo. Foi cando a súa familia denunciou a desaparición e, ao pouco, activouse un operativo de busca que se prolongou ata as tres da madrugada. Esta mañá, contra as oito, familiares e amigos saíron á súa procura. Tres horas despois sumábase un amplo dispositivo dos servizos de emerxencias, que o seguen a buscar por aire, mar e terra.

O Concello de Oleiros pide colaboración cidadá para poder localizar o seu veciño. Os teléfonos habilitados para comunicar calquera información son os da Policía Local e o 062 da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade