Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bellingham contáxiase do meigallo europeo do Real Madrid (1-0)

Bellingham contáxiase do meigallo europeo do Real Madrid (1-0)

O inglés marcou no minuto 95 o gol da vitoria ante o Unión Berlín

O dianteiro inglés marcou o gol do triunfo na estrea da Champions. EFE O dianteiro inglés marcou o gol do triunfo na estrea da Champions. EFE
G24.gal 20/09/2023 20:14 Última actualización 20/09/2023 20:45

O Real Madrid comezou a Liga de Campións coa pólvora mollada. Probou o lanzamento ata en 32 ocasións e non foi ata o último minuto do engadido Bellingham o que conseguiu tombar a resistencia do Unión Berlín. 

Apareceu en Madrid un equipo encerrado no seu campo, co firme propósito de manter o cero na súa porta. O Real Madrid dominou, tivo moita posesión e probouno de todos os xeitos. Na primeira parte disparou ata en catorce ocasións pero só unha entre os tres paus.

Na segunda parte aumentou a presión sobre a porta dun Ronow que foi o máis destacado do seu equipo. Rodrygo estrelou un remate contra o pau ao pouco de comezar e xusto despois Joselu obrigou o porteiro a facer unha gran parada. O poste tamén evitou o tanto do dianteiro de Silleda no 64. 

Eran os mellores minutos dun Real Madrid que non deu aproveitado as súas ocasións. O segundo tempo foi un acoso sen derruba como había tempo que non se lembraba no Bernabeu. Resignábanse os seareiros a un empate cando apareceu Bellingham para marcar o gol da vitoria. O inglés segue a ser decisivo como goleador madridista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar