Reacción insuficiente do Ensino ante o Estudiantes (88-78)
As madrileñas abriron brecha, con Buhner e Etxarri, antes do descanso
O Ensino entrou 15 abaixo no último cuarto
Giomi acabou con 16 puntos e Fequiere con 15
O Durán Maquinaria Ensino tamén foi vítima do "efecto Olmo", ese que afecta a Estudiantes e que lles levou a gañar os catro últimos encontros. O triunfo desta xornada cimentado no bo facer no segundo cuarto, con Etxarri e Buhner, como destacadas. Co partido sempre ao ritmo que máis lles interesaba ás locais. E tamén no terceiro, onde conseguiron pechar cunha diferenza de 15 puntos. 58 puntos anoutou Estudiantes nestes dous cuartos.
O Ensino busco a xesta no último. Logrou un parcial de 12-17, para deixar a diferenza final en dez (88-78).
Nas galegas, Giomi anotou 16 puntos e Fequiere 15. No Estudiantes, salientar a espectacular segunda parte de Juana Camilion que a levou ata os 22 puntos, con 28 de valoración.