Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reabre o punto móbil de tests de antíxenos no Náutico de Vigo

Reabre o punto móbil de tests de antíxenos no Náutico de Vigo

Realizaranse probas de antíxenos por saliva e non PCR coma antes

Pódese acceder a través do sistema de autocitas ou ben por libre

G24.gal 09/02/2022 15:54

En Vigo, reabriu o punto móbil para facer probas covid no Náutico, en horario de mañá e tarde e tamén nas fins de semana. Pero desta vez aquí realizaranse probas de antíxenos por saliva e non PCR coma antes.

Os que queiran acudir poden facelo a través do sistema de autocitas de Internet ou ben con acceso libre. É o único punto operativo deste tipo en Vigo, despois de que pecharan os das estacións de tren e do aeroporto, onde a semana pasada realizáronse máis de 18.000 tests.

Mantéñense tamén os puntos de covid-auto, onde se fan as probas PCR, pero só con solicitude médica. Este autobús do Náutico estará operativo toda a xornada e tamén nas fins de semana.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade