Cargando resultados...
A emoción de enviar e recibir unha postal sobrevive na era dixital
A pausa que implica escribir unha postal para compartir un momento da viaxe segue atopando defensores mesmo entre xente xove
G24.gal
30/05/2026 15:30
Contan en Correos que hai tres momentos do ano en que repunta o envío de postais: no verán, no Nadal e por San Valentín.
E contan tamén que ultimamente atenden xente xove que se interesa por esta emotiva maneira de comunicarse. Ante a fugacidade dos tempos, valoran a pausa do ritual que implica unha postal.