Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un intento de entrada ilegal en España paraliza máis de tres horas o aeroporto de Palma

Un intento de entrada ilegal en España paraliza máis de tres horas o aeroporto de Palma

O aeroporto de Palma retomou a actividade pouco antes da medianoite

A policía arrestou 12 pasaxeiros e busca outra ducia de fuxidos tras a escala por unha falsa emerxencia médica

G24.gal 06/11/2021 09:33 Última actualización 13:40

Unha falsa emerxencia médica obrigou a desviar o venres pola noite un voo procedente de Casablanca ata o aeroporto de Palma de Mallorca. A policía detivo xa doce pasaxeiros e busca outra ducia de fuxidos que saíron do recinto.

Unha vintena de persoas ocuparon contras as 20:30 horas unha pista do aeroporto o que obrigou a paralizar durante tres horas e media as operacións por razóns de seguridade. Eran pasaxeiros dun avión de Air Arabia entre Casablanca e Istambul que precisou aterrar en Mallorca por unha emerxencia médica que resultou ser falsa.

As investigacións apuntan a un intento de entrada ilegal en España. Pouco antes da medianoite o aeródromo mallorquino retomou a actividade.

A persoa que ao parecer estaba indisposta cun aparente coma diabético foi trasladada canda un acompañante a un hospital, onde tras un recoñecemento recibiu a alta sen encontrarlle ningunha doenza.

Axentes da Policía Nacional detivérono  como suposto autor dun delito de favorecemento da inmigración ilegal e infracción da lei de estranxeiría. Cando o aparello estaba na pista un grupo de entre 10 e 20 pasaxeiros saíu á pista e comezou a deambular por ela. A Garda Civil detivo outros seis pasaxeiros. A maioría puideron saltar a valla que rodea o aeroporto e fuxir.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade