Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reabre a A-52 ao seu paso por Xinzo tras retirarse os tractoristas

Reabre a A-52 ao seu paso por Xinzo tras retirarse os tractoristas

Segundo a Subdelegación do Goberno, só permanece pechado á circulación o carril esquerdo sentido Ourense

Gandeiros e agricultores desbloqueroan a autovía tras case un mes de protestas

Arquivo Arquivo
G24.gal 24/02/2026 12:50

A circulación da autovía A-52 quedou reaberta este martes, en ambos os sentidos, excepto o carril esquerdo na calzada dereita en sentido Ourense, despois de que gandeiros e agricultores retiraran na noite do pasado luns os tractores da vía.

Tal e como informou a Subdelegación do Goberno en Ourense, a partir das 8.50 horas deste martes quedou aberto o carril dereito da A-52, en sentido Ourense, e a partir das 11.30 reabriuse, ademais, a calzada esquerda en sentido Benavente, sen restricións.

Con todo, permanece pechado o carril esquerdo da calzada dereita, en sentido Ourense, con previsión de renovar o tráfico ás 15.30, tal e como matizou a administración.

En concreto, gandeiros e agricultores avanzaron o luns o desbloqueo da vía, despois de case un mes concentrados nesta, tras negociar nunha reunión co subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade