Publicador de contidos
Publicador de contidos

Raúl López: "Para seguir na ACB necesitamos un salto económico"

Raúl López: "Para seguir na ACB necesitamos un salto económico"

O presidente do equipo santiagués falou na presentación dos letóns Jānis Timma e Jānis Strēlnieks como novos xogadores do Monbus Obradoiro

Resaltou a necesidade de crecer a nivel económico para poder afrontar con garantías o nivel da Liga Endesa

Amosouse orgulloso de poder contar con dous xogadores de nivel Euroliga no equipo

G24.gal 28/02/2024 13:14

O Monbus Obradoiro presentou de forma oficial ás súas novas incorporacións de cara a parte final dunha tempada na que a loita por evitar o descenso non vai ser sinxelo.

Os dous reforzos son xogadores de orixe letón, por un lado está Jānis Timma, de 31 anos e con experiencia na ACB tras o seu paso polo Baskonia na tempada 2017 e que ven co obxectivo de mellorar o xogo interior dos galegos,  por outro lado, Jānis Strēlnieks xogará por primeira vez na liga española aos seus 34 anos para achegar experiencia na dirección de xogo ao equipo de Moncho Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos