Raquel Carrera, Paula Ginzo e María Araújo, as tres galegas convocadas para o Eurobasket
Raquel Carrera está na lisrta, aínda que pendente do seu estado tras lesionarse no partido de onte ante o Gran Canaria

O seleccionador español feminino de baloncesto feminino Miguel Méndez anunciou a lista de catorce xogadoras e dúas invitadas para o Eurobasket 2025, na que Alba Torrens liderará un equipo onde xa non estarán iconas durante os últimos anos como Leo Rodríguez, Laura Gil ou Silvia Domínguez e tampouco xogadoras importantes por lesión como María Conde, Megan Gustafson ou Laura Quevedo.
A lista, con tres galegas, fórmana Elena Buenavida, Irati Etxarri e Awa Fam (Lointek Gernika Bizkaia); Raquel Carrera, Alba Torrens (Valencia Basket); Aina Ayuso, Paula Ginzo (Hozono Global Jairis); Iyana Martín, Andrea Vilaró (Perfumerías Avenida); Mariona Ortiz, Helena Pueyo (Casademont Zaragoza); María Araújo (Mersin); Maite Cazorla (Praga); e Ángela Mataix (BAXI Ferrol).
Raquel Carrera está na lista, aínda que pendente do seu estado, despois de que este domingo terminase o partido ante Gran Canaria entre bágoas e con muletas. Carrera xa perdeu os Xogos Olímpicos de París 2024 por unha rotura dos ligamentos cruzados.
As invitadas serán Txell Alarcón (Hozono Global Jairis) e Noa Morro (BAXI Ferrol). Trátase pois dunha lista de transición, condicionada polas baixas importantes, que serve para "formar un novo equipo como ten que ser sempre que empeza un novo ciclo olímpico coa vista posta nos Ánxeles 2028", segundo explicou o seleccionar durante o anuncio da nómina que preparará o torneo continental.
🚨 OFICIAL | Ellas son las 1️⃣4️⃣ 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐃𝐀𝐒 de #LaFamilia para preparar la Gira #ImperiumNostrum de preparación para el @EuroBasketWomen 😊
— Baloncesto España (@BaloncestoESP) May 12, 2025
➕2️⃣ jugadoras invitadas.#SomosEquipo pic.twitter.com/9uVlslMgQf