Cargando resultados...
Raquel Arias substituirá a Elena Candia na vicepresidencia do Parlamento de Galicia
O Grupo Parlamentario Popular propoñerá a Raquel Arias ao ser a elixida para cubrir a vacante que quedou na Mesa desde a proclamación de Elena Candia como alcaldesa de Lugo
G24.gal
17/05/2026 13:27
O Grupo Parlamentario Popular propoñerá a Raquel Arias para a vicepresidencia do Parlamento ao ser a elixida para cubrir a vacante que quedou na Mesa tras a proclamación de Elena Candia como alcaldesa de Lugo.
Arias foi delegada da Xunta en Lugo, deputada no Congreso e alcaldesa de Sober, de onde é orixinaria. O Partido Popular propoñeraa o vindeiro martes para o novo cargo.
O exconselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, manterase como secretario.