Cargando resultados...
Rafa Mir declara ante o xuíz tras dous días detido por unha presunta agresión sexual
Rafa Mir declara ante o xuíz tras dous días detido por unha presunta agresión sexual
Foi denunciado por unha moza por unha dobre agresión sexual
O avogado do futbolista que "sen dúbida" as relacións coa denunciante foron consentidas
Foto EFE
G24.gal
04/09/2024 14:42
Última actualización 04/09/2024 14:49
O futbolista Rafa Mir, que xoga no Valencia cedido polo Sevilla, pasou este mércores pasadas as 13:30 horas a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 8 de Llíria (Valencia), ao que accedeu esposado e tras pasar dous días detido despois de ser denunciado por unha moza por unha dobre agresión sexual.
O avogado do futbolista, asegurou á súa chegada aos xulgados de Llíria que "sen dúbida" as relacións coa denunciante foron consentidas aínda que admitiu que non falara con Mir desde a súa detención e incidiu tamén en que descoñece os "detalles" do expediente.