Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rácing- Raio Majadahonda e Celta B-Badaxoz, pratos da 1ª RFEF na G2

Rácing- Raio Majadahonda e Celta B-Badaxoz, pratos da 1ª RFEF na G2

G24.gal 18/03/2023 13:31

A Primeira Federación avanza cara a un final de liga trepidante para os catro equipos galegos. Hoxe as sete da tarde veremos na G2 o compromiso do Rácing ante o Raio Majadahonda na Malata. Os de Cristóbal Parralo son terceiros, a catro puntos do líder, e viven un dos mellores momentos da temporada. Non perden desde o pasado sete de xaneiro, e veñen dun triunfo trascendental en Alcorcón.

Tamén hoxe xoga o Pontevedra, inmerso na complicada pelexa pola permanencia, que ten a seis puntos. Sen Gueye na convocatoria, recibe ao Linares en Pasarón logo do triunfo balsámico ante o Alxeciras da pasada xornada, que permite mirar ao futuro con certo optimismo.

Para o domingo quedan os partidos do Celta B e do Deportivo. O filial celeste, metido xa en postos de playoff, recibe ao Badaxoz en Balaídos. Será as cinco da tarde, en directo pola nosa segunda canle. O equipo vigués sumou 36 dos últimos 48 puntos en xogo. 

Unha xeira totalmente oposta leva a Cultural Leonesa, que non gaña desde hai oito xornadas, e que será o rival do Deportivo mañá no Reino de León. O equipo coruñés, a dous puntos do liderado, ten unha boa ocasión para dar un paso adíante, pero debe mellorar as súas prestacións ofensivas como visitante.

Necesidades para todos nunha apaixonante Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade