Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo recibe mañá (16:15h) a un Barcelona case intratable en Riazor

O Deportivo recibe mañá (16:15h) a un Barcelona case intratable en Riazor

Hidalgo, que non se conforma co empate, recupera a Zaka

G24.gal 28/11/2026 15:13

Quere o deportivismo recuperar estas sensacións, como no final contra Osasuna.

As de gozar cun partido na casa. Así celebraba Riazor a vitoria ante Osasuna. Case un mes despois regresan cun rival seguramente a anos luz, pero nun partido a 90 minutos e co valor engadido dos seus.

Buscarán ese empuxe da bancada para marcar. E recuperan pezas de ataque. Con Aubameyang xa ao cen por cento, e con Zaka Eddachouri por fin xa disposto para regresar. Dous mess despois de sufrir unha complexa fractura do pulso nun accidente adestrando.

O camiño para enfrontarse ao Barcelona empezou hai dous anos e medio. Dúas categorías máis abaixo. Daquela Gerard Martín e Marc Bernal viñan co Barcelona Atletic. E o Deportivo ascendía a Segunda, grazas ao gol de Lucas Pérez. O Barcelona de mañá será outro reto. Tan coñecido como dificil de abordar.

O Deportivo buscará a súa mellor versión. E Riazor ten garantida a súa óptima imaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade