Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un erro imperdoable cústalle o empate ao Racing (1-1)

Un erro imperdoable cústalle o empate ao Racing (1-1)

Héber adiantara os ferroláns no minuto 60

Unha perda de balón de Manzanara na frontal da propia área resultou fatal cando o equipo soñaba cos tres puntos

G24.gal 22/10/2023 15:07 Última actualización 22/10/2023 15:49

O Racing tiña na man unha nova vitoria na Malata. Pero un erro imperdoable de Fran Manzanara a dez minutos do final custou demasiado caro. O Eldense, sen facer merecementos, empatou e roubou dous puntos do feudo ferrolán. 

A entrada no partido do Racing foi inmellorable. Avisou Iker Losada no minuto 8 e ao cuarto de hora probou sorte Héber cun disparo que se envelenou e marchou rozando o poste. A mellor do Eldense no primeiro tempo foi un disparo de Chapela que sacou Cantero cunha espectacular parada. O ritmo diminuíu, pero no treito final volveron as ocasións. A máis clara, nas botas de Álvaro Giménez, que se atopou co poste despois de canear o porteiro.

Non principiou tan fino o equipo ferrolán na segunda parte, mais no quince atopou o gol. Héber recibiu na área, buscou o oco e marcou cun remate cruzado. Foi o último servizo do capitán antes de ser substituído.

O gol fixo que o Racing dese un paso cara atrás e o Eldense viuse na obriga de atacar. Cantero evitou un remate de cabeza de Andone (min 68) e os verdes buscaban a contra como nun remate de Sabin Merino logo dunha xogada de Carlos Vicente (min 80). Foi xusto antes do gol do empate, un erro grave de Manzanara na saída de balón. A perda recolleuna Salcedo que marcou cun remate axustado ao poste. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar