Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Vertixe14 xa está en marcha!

O Vertixe14 xa está en marcha!

Vertixe14 trae este ano a Galicia 29 estreas absolutas e artistas de Corea do Sur, O Xapón e A Arxentina

'O Xapón no Camiño Portugués', o 17 e o 18 de outubro, na Catedral de Tui e en San Domingos de Bonaval, en Santiago

'140: Migratio' reúne 17 músicos da Arxentina, Italia, Alemaña e España arredor do 140 aniversario de Castelao
 

G24.gal 16/10/2026 10:08

O Xapón é un dos tres países convidados este ano no festival de creación contemporánea VERTIXE14 que ata o mes de decembro espalla todo un programa de música, danza, arte sonora ou cinema en Vigo, Santiago, A Coruña, Tui, Pontevedra e Cangas. O festival xa comezou a finais de setembro pero aínda queda moito por diante.

O Xapón no Camiño Portugués. O 17 e o 18 de outubro, na Catedral de Tui e en San Domingos de Bonaval, en Santiago, o biwa e o Shakuhachi de Hyakuman-goku retoman a tradición dos monxes cegos do século XII nun concerto errante que é case unha peregrinación. A tese é provocadora: a música tradicional de Oriente é a vangarda de Occidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade