Cargando resultados...
Rácing e Arenteiro ofrecen unha primeira parte moi entretida
G24.gal
10/08/2022 21:45
Empate a dous no amigable que xogaron no Couto o Arenteiro e o Rácing de Ferrol. Os dous equipos fixeron moitas probas e, aínda así, ofreceron unha primeira metade moi entretida.
Nese primeiro tempo chegaron os catro goles. Manzanara adiantou o Rácing. Respostou o Arenteiro con dous goles en xogadas a balón parado. O un a un anotado polo central Samu Santos, asinado do Pontevedra, e o 2-1 foi marcado por Martín Lamelas, ex do Bergantiños. O definitivo empate foi obra de Manu Justo, outra das fichaxes para esta temporada do Rácing.