Quinta vitoria consecutiva para o Guardés no derbi co Porriño (27-24)
Quinta vitoria consecutiva para o Guardés no derbi co Porriño (27-24)
Apértase a clasificación na pelexa polo cuarto posto con cinco equipos en tres puntos
Chegará nun gran momento á ida da semifinal da EHF European Cup (domingo, 12:00, G2 e G24)
O Mecalia Guardés mantivo o seu gran momento de forma e gañoulle no derbi ao Conservas Orbe Rubensa Porriño por 27-24. É a quinta vitoria do equipo do Baixo Miño, que non hai moito pensaba na salvación e agora entra de cheo na pelexa polo cuarto posto.
Comezou ben o partido para o Porriño (1-3), pero o Guardés pronto colleu vantaxe (7-4). Ao descanso, mantiña eses tres goles de marxe (13-10).
No segundo tempo parecía rachar o partido o Mecalia, pero o Porriño reaccionou e achegouse ata poñerse en varias ocasións a un só gol (18-17 e 20-19). Non culminaron a remonta as de Isma Martínez, e o Guardés volveu abrir unha fenda que xa sería definitiva (25-22).
A visitante Joana Casasola foi a máis acertada en ataque, con nove goles e a local Sandra Santiago a mellor do Guardés con sete.