O cisma que provocou o tremor na selección española feminina de fútbol
O cisma que provocou o tremor na selección española feminina de fútbol
A Federación cargou contra o grupo asinante de quince xogadoras
Pola tarde as xogadoras, apoiadas por Alexia Putellas, sacaron un comunicado asegurando que nin renunciaban nin pedían o cese do seleccionador
Hai tres semanas pediran a dimisión de Jorge Vilda como seleccionador de fútbol feminino. Unha vez que a Federación Española demostrou o seu apoio incondicional ao técnico, quince xogadoras decidiron enviar un correo electrónico á RFEF comunicando a súa renuncia a volver ás convocatorias.
As quince xogadoras que renuncian son: Andrea Pereira, Ainhoa Vicente Moraza, Aitana Bonmatí, Amaiur Sarriegi, Sandra Paños, Lola Gallardo, Laia Aleixandri, Mapi León, Leila Ouahabi, Ona Battle, Patri Guijarro, Lucía García, Mariona Caldentey, Claudia Pina e Nerea Eizagirre. Boa parte delas son do Barcelona (Paños, Bonmatí, León, Guijarro, Caldentey e Pina) ou xogadoras do nivel de Batlle e Lucía García (Manchester United) ou Ouahabi e Alexandri, que están no poderoso Manchester City.
As que non asinaron a renuncia son a capitá Irene Paredes nin a actual Balón de Ouro Alexia Putellas. Tampouco están as xogadoras do Real Madrid. Entre elas, a galega Tere Abelleira, habitual nas últimas convocatorias.
Hai que recordar que España afrontará a preparación do Mundial de 2023, para o que xa está clasificada, e agora vese sen a columna vertebral que cimentou ese éxito.
📍 COMUNICADO OFICIAL |
— RFEF (@rfef) September 22, 2022
Selección absoluta femenina de fútbol
🔗 https://t.co/TojMlGrRe6 pic.twitter.com/Da3zAtHZ8c
Pola tarde houbo un comunicado das 15 xogadoras da selección xunto a Alexia Putellas. Nel, as futbolistas afirman que non renunciaron a Selección tal e como sinala a Federación e que manteñen o seu compromiso co combinado nacional. Ademais, aseguran que nunca pediron o cese do seleccionador Jorge Vilda.
Nas súas palabras alegan que só expresaron de forma contrutiva e honesta o que consideran mellor para o rendemento do grupo. Tamén lamentan que a Federación faga público unha comunicación privada que forma parte da intimidade de cada unha e que afecta a súa saúde.
