Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quedan libres dous dos investigados polo crime do pozo do Porriño

Quedan libres dous dos investigados polo crime do pozo do Porriño

Continúan como investigados, quitáronlles os pasaportes e terán que presentarse cada 10 días na Garda Civil

G24.gal 03/02/2023 16:53

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra estimou o recurso presentado polos investigados polo caso do cadáver dun home atopado nun pozo do partido xudicial do Porriño e acordou a súa posta en liberdade.

Dous dos investigados atopábanse en prisión provisional comunicada e sen fianza, e un terceiro, en liberdade. 

A sala entende que non concorren os supostos para manter a súa situación de prisión.

Continúan como investigados e acordouse a retirada dos seus pasaportes e que asinen ante a Garda Civil do Porriño cada 10 días.

Mantense a liberdade do terceiro investigado. Todo iso mentres avanza a investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade