Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queda visto para sentenza o xuízo a un profesor lugúes por agresión sexual a cinco alumnas

Queda visto para sentenza o xuízo a un profesor lugúes por agresión sexual a cinco alumnas

A Fiscalía mantén a petición de cinco anos e medio de prisión por un delito de agresión sexual a unha menor

Mentres que a acusación eleva a pena a 30 anos, seis por cada unha das cinco vítimas e a defensa volveu pedir a libre absolución do acusado

 

G24.gal 18/03/2026 13:55

Non houbo cambios nas peticións das partes nesta última xornada do xuízo. A fiscalía mantén a acusación só por unha das menores. Ve o seu relato espontáneo, non contaminado e corroborado polos informes periciais e as probas. Para a fiscalía o relato do acusado é inverosímil e cuestionou os seus métodos educativos, referíndose a coller os alumnos no colo para corrixilos.

Para as acusacións hai cinco vítimas. Defenderon que o relato das cinco nenas é coherente e coincidente e reprocháronlle á fiscalía que só lle dea credibilidade a unha delas.

"Ela omellor é unha nena máis aberta, con máis facilidades para explicar, cada menor ten as súas condiccións, ten a súa idade, están contando cousas moi duras, moi delicadas, hai ese pudor", explica Paula Salvador, avogada da acusación.

Manteñen a petición de condena e a pena de 30 anos de cárcere, seis por cada unha das cinco menores.

"Xuridicamente e conforme a legalidade as nenas deberían ser resarcidas", di Sandra Regueira, avogada da acusación.

Para a defensa non hai probas obxectivas suficientes, considera que non houbo independencia nas declaracións das menores, e que o informe forense que dá credibilidade a unha das nenas non demostra que o seu relato sexa real, por iso piden a absolución.

"É inocente, estou completamente convencido e él tamén", defende Juan Carlos Fernández López Abad, avogado da Defensa.

O xuízo quedou visto para sentenza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade