Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pustovyi volve "á súa casa" para abrir unha nova etapa na historia do club

Pustovyi volve "á súa casa" para abrir unha nova etapa na historia do club

Destacou a importancia que tivo o corpo técnico no seu regreso á entidade compostelá

G24.gal 08/09/2023 13:38 Última actualización 08/09/2023 13:45

Artem Pustovyi chegou por primeira vez a Compostela con 23 anos, onde pasou unha "peregrinación" no que creceu como xogador ata recalar nun grande como o Barça.

Agora, o xigante regresa a casa aos seus 31 anos e o Monbus Obradoiro presentou ao ucraíno no Pazo de Raxoi, cita á que non faltaron Moncho Fernández, técnico do club, Eduardo Pascual, director deportivo, Rafael Silva, conselleiro da entidade, e Pilar Lueiro, concelleira de deportes.

O ucraíno, antes de atender aos medios de comunicación, ofreceu as súas primeiras palabras na súa volta a Santiago:

"Quero empezar a dicir, como o fixen moitos anos atrás cando tiven a primeira presentación, que estou feliz de estar aquí. Estou feliz de volver á miña casa. Vivín tres anos moi doces aquí. Na miña mente están as mellores cousas que pasei. Coñezo a xente que traballa neste club e como funciona. Estou feliz. Agora continuamos traballando e temos grandes obxectivos este ano que trataremos de cumprir".

Sobre se lle custou dicirlle que si á oferta dos santiagueses, admitiu que “sempre é fácil”.

“Cada ano pensei no Obradoiro, porque son un obradoirista. Sempre os seguín e sempre me alegrei cando gañaron. Este ano tamén xogaremos a clasificatoria da Basketball Champions League e é unha boa oportunidade para o club de ir a unha nova etapa na súa historia".

Tamén destacou a importancia que tivo o corpo técnico no seu regreso á entidade compostelá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade