Punto de ouro do Celta B en Badaxoz
Empatou 1-1 diante dun rival directo co que mantén catro puntos de vantaxe
Empate de mérito do Celta B no Nuevo Vivero que o achega un pouco máis a promoción nun partido no que Onésimo tivo que peitearse para salvar a posición de privilexio ante un rival directo que o esixiu no inicio de cada tempo, pero o que conseguiu sobrevivir grazas a unha actuación madura dos seus xogadores.
Os vigueses avisaron por medio de Miguel Rodríguez nunha contra esbaratada por Crettarz. E adiantáronse a pouco do descanso noutro contragolpe resolto polo propio Miguel Rodríguez no cero a un.
Tras o recomezo, o Badaxoz volveu acosar a meta de Gorka Campos e contou con claras oportunidades para empatar resoltas con acerto polo meta céltico. Superada unha media hora crítica, os de Onésimo volveron contar con ocasións para aumentar a vantaxe.
E cando o encontro semellaba controlado polo equipo céltico, chegou o gol do Badaxoz nun remate de Gorka Santamaría a dez minutos do final. Aínda contarían os de Onésimo cunha nova oportunidade de levarse a vitoria, pero Pardo acabou sacando baixo paus.
Esta foi sen dúbida a xogada curiosa do partido, así falaba Onésimo dela