Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pulo na venda dos comestibles polos magostos do San Martiño

Pulo na venda dos comestibles polos magostos do San Martiño

A castaña está dende os tres euros o quilo, a máis barata, ata os seis euros

G24.gal 10/11/2021 14:54

É véspera do San Martiño, día festivo en Ourense, e nótase moito nos mercados, hoxe ateigados. 

A castaña está na praza de abastos de Ourense dende os tres euros o quilo, a máis barata, ata seis euros.

Polo momento din, tranquilos, castañas para asar estes días aínda hai. Non hai magostos sen castañas, pero o viño e o churrasco tampouco poden faltar.

E para o chourizo, fai falta pan, que subiu tamén o prezo. Os magostos danlle en Ourense un importante pulo ao pequeno comercio porque seguen celebrándose como é tradición.

A partir deste xoves os montes e fogares de Ourense arrecenderán a castañas e chourizos asados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos