Protestas veciñais en Laraño polo proxecto de paneis antisonoros nas vías do tren
Denuncian que ADIF non lles consultou e que prexudican notablemente a parroquia
Dende a asociación de veciños de Laraño, en Santiago, demandan a paralización inmediata da colocación dos novos paneis antisonoros previstos nesta zona. Xa hai algún colocado preto de aquí e son opacos e moito máis altos que os actuais. Suporían ter menos luz e menos visibilidade, e os veciños din que non os necesitan, xa que os actuais son máis que suficientes para mitigar o ruído. Anuncian protestas e esixen a Adif que os escoite, xa que eles son os afectados polo ruído e aseguran que os paneis os prexudican moito máis do que os axudan.
Non queren nin oír falar da instalación de máis paneis a carón das súas casas, na súa parroquia. Non entenden que como afectados principais non sexan consultados polo ministerio á hora de tomar unha decisión así.
Levan recollidas máis de 300 sinaturas contra o proxecto e ameazan con cortes de tráfico e protestas continuas ata conseguir que Laraño non teña máis paneis antisonoros na súa parroquia.