Propostas para protexer o ceo da contaminación lumínica
120 expertos debaten en Lugo sobre a iluminación das cidades
Os retos son reducir o consumo e manter a calidade do servizo
Reducir o consumo enerxético sen perder eficacia e harmonizando os dispositivos coas contornas urbanas.
Son as premisas que deben guiar a colocación de iluminacións públicas en espazos habitados segundo os especialistas.
Enxeñeiros, arquitectos, electricistas e mesmo astrónomos coinciden en que a luz pública ten que respectar a noite como un elemento de valor que hai que protexer.
Os expertos propoñen tamén a coexistencia entre a iluminación pública e as luces dos espazos comerciais de xeito que sexan complementarios e non provoquen unha saturación.
Aí xoga un papel fundamental a luz led, que permite aforrar custos e achegar máis iluminación con menor impacto. Os ceos estrelados poden ser mesmo un recurso económico e non deben ser tapados.
120 especialistas de diferentes disciplinas analizaron hoxe o estado das iluminacións en Galicia e cales deben ser os proxectos de futuro.