Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prohíbese a captura de mexillón no 80 % dos viveiros galegos debido á toxina

Prohíbese a captura de mexillón no 80 % dos viveiros galegos debido á toxina

Está prohibido extraer mexillón de toda a ría de Vigo, Pontevedra, Muros e Sada

A única ría que non está pechada na súa totalidade é a de Arousa

G24.gal 23/08/2022 21:55

No mar, o episodio de toxina lonxe de remitir, avanza, e tras os últimos peches de bateas decretados, xa está prohibido recoller mexillón do 80 por cento dos viveiros que hai en Galicia.

As últimas analíticas practicadas polo Intecmar, polo Instituto Tecnolóxicos para o Control do Medio Mariño, detectaron a presenza de toxina en novos polígonos.  

Así, nestes momentos, está prohibido extraer mexillón en toda a ría de Vigo. Hoxe pechaban os últimos polígonos que quedaban abertos que eran os de Redondela.

Tamén pechaba hoxe o único polígono que estaba aberto na ría de Pontevedra, un en Portonovo. Tampouco se pode coller mexillón en Muros e en Sada.

A única ría que non está pechada na súa totalidade é a de Arousa. Alí líbranse da toxina varios polígonos de bateas da Pobra, de Vilagarcía e de Cambados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade