Publicador de contidos
Publicador de contidos

Produtos gourmet de Galicia danse cita na feira Etiqueta Negra de Pontevedra

Produtos gourmet de Galicia danse cita na feira Etiqueta Negra de Pontevedra

Máis dun cento de expositores presentan alimentos e bebidas de calidade e propostas innovadoras

A mostra, que se celebra no recinto feiral, acolle ata o luns catas, obradoiros e cociña en directo

G24.gal 09/11/2024 20:18 Última actualización 09/11/2024 20:50

O recinto feiral de Pontevedra acolle entre este sábado e o luns a oitava edición da feira Etiqueta Negra de produtos galegos. Participan máis dun cento de expositores con elaboracións tan innovadoras como embutidos con algas. 

"Aquí, nunha cata, podes aprender de onde sae todo ese traballo do sector primario que aposta polo territorio e nós queremos tamén apostar polo noso".

Produtores consolidados comparten espazo con outros que se dan a coñecer nesta feira.

"Somos unha empresa familiar que saímos este ano ao mercado. A miña prima atopou un libro familiar de receitas da tataravoa e decidimos profesionalizarnos".

"Temos alvarizas que xa eran dos meus antepasados e intentamos buscar o mel tradicional, o de toda a vida".

"Somos unha cooperativa láctea que elabora produtos de leite cru: queixo tenro, queixo de inverno e outras referencias como o queixo mouro bañado en café canela, o noso tetilla que é o único da DOP con leite cru, e o queixo con chourizo de porco celta".

Produtos de calidade recoñecida e propostas orixinais para sorprender a todos os padais.

"Fixemos alí unha cata e moi ben. Era de embutidos".

"O chourizo de cabaza. Non sabía nin que existía".

"Aproveitamos esta feira todos os anos para vir mercar algún antollo para o padal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar