Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para a muller acusada de queimar coches en Tui

Prisión sen fianza para a muller acusada de queimar coches en Tui

Está investigada por un delito de danos con risco para as persoas

Os investigadores buscan saber que levou a suposta autora a queimar os vehículos e se ten algún problema psicolóxico

Na tarde deste luns estivo na zona dos incendios falando cun dos afectados

Como cobrar polos danos nos coches incendiados?

G24.gal 21/03/2023 16:01 Última actualización 21/03/2023 21:10

A presunta autora da queima de vehículos chegou aos xulgados de Tui encapuchada nun coche da Garda Civil e entrou por unha porta lateral.

 O xulgado de garda decretou para ela prisión incondicional, comunicada e sen fianza. Está investigada por un presunto delito de danos con risco para as persoas.

A media tarde saía nun furgón cara ao cárcere da Lama.

 Os veciños da muller de 52 anos teñen sentimentos encontrados.

"Tranquilos porque o perigo que todos pensabamos que tiña que preocuparnos quedou en nada, pero tristes tamén porque é unha veciña á que coñecemos todos",  explicaba unha das veciiñas afectadas.

"É dunha familia á que coñecemos todos e polo tanto esperemos que conclúa a investigación para saber cal foi a natureza ou orixe do que puido levar esta persoa a cometer estes feitos",  dixo o alcalde da vila,  Enrique Cabaleiro.

As gravacións das cámaras de vixilancia que a delataron indican que actuou soa. Moveuse con rapidez para facer coincidir os cinco focos de lume que calcinaron máis de 21 vehículos.

A muller, que podería ter algún problema de saúde mental, por algunha desavinza quixo prenderlles lume a coches dos seus familiares. Antes de ser detida mesmo se interesaba polos veciños afectados diante das cámaras da Televisión de Galicia.

Ademais dos coches os danos nas rúas da zona vella son evidentes.

"A zona histórica está perdida, o máis dificil vai ser recuperar as pedras onde estaban os coches queimados", conta un veciño do barrio.

Unha empresa especializada comezou a limpeza das rúas afectadas retirando os plásticos e a goma dos pneumáticos impregnada na pedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade