Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como cobrar polos danos nos coches incendiados en Tui?

Como cobrar polos danos nos coches incendiados en Tui?

O Concello de Tui ofrece aos afectados asesoramento legal gratuíto

G24.gal 21/03/2023 14:28

Os propietarios dos coches calcinados comezan as xestións para intentar cobrar. As casuísticas dependerán, primeiro, de se teñen seguro de danos propios ou non. 

Carlos Rial, director xurídico dun despacho de avogados, explica que "os que teñen asegurada a cobertura de danos propios, o idóneo e que falen coa aseguradora e lles indemnice os danos. Os que non teñen cobertura de danos propios, a única opción que van ter é presentarse nas actuacións e intentar reclamarlle á persoa responsable do incendio".

O Concello de Tui ofrécelles un servizo de asesoramento legal gratuíto aos afectados para avaliar as súas opcións. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, detallou que artellaron "un sistema de préstamo de vehículos de renting para as persoas que de maneira urxente necesiten un vehículo e imos ver se implementamos axudas para mercar coche para as persoas con poucos recursos".

"O que ocorre moitas veces é que co que ofertan as aseguradoras, os asegurados non poden mercar un vehículo de similares características ao que tiñan. A primeira opción é facer unha valoración pericial privada e reclamarlle ao seguro que pague o vehículo polo que realmente vale no mercado", apunta Rial.

Os expertos recomendan informarse ben antes de aceptar indemnizacións das aseguradoras se non están de acordo coa taxación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade