Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión sen fianza para a muller acusada de acoitelar a súa parella na Coruña

Prisión sen fianza para a muller acusada de acoitelar a súa parella na Coruña

Acusada de tentativa de homicidio na vivenda que compartían no barrio de Monte Alto

G24.gal 01/05/2022 10:30

O Xulgado de Instrución número 3 de Coruña decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para a muller detida este mércores por apuñalar a súa parella no barrio de Monte Alto, na Coruña.

A muller está baixo investigación xudicial por un delito de homicidio en grao de tentativa.  A agresión sucedeu a noite do mércores pasado na avenida de Hércules, no barrio coruñés de Monte Alto.

A muller está acusada de apuñalar a súa parella cun coitelo, que tivo que ser trasladado de urxencia a un centro hospitalario aínda que se atopaba fóra de perigo. 
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade