Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para o sospeitoso da morte dunha muller cuxo cadáver aparecera nun polígono do Porriño

Prisión provisional para o sospeitoso da morte dunha muller cuxo cadáver aparecera nun polígono do Porriño

O sospeitoso foi trasladado desde a prisión da Lama, onde se atopa interno por outra causa por agresión sexual

O home prestou o seu consentimento para a toma de mostras de ADN, que serán cotexadas coas atopadas no cadáver da falecida

G24.gal 23/04/2024 13:23 Última actualización 23/04/2024 15:03

A xuíza do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño tomou hoxe declaración como investigado a un home pola morte da muller cuxo cadáver foi atopado no polígono das Gándaras en novembro.

O sospeitoso foi trasladado desde a prisión da Lama, onde se atopa interno por outra causa. Segundo precisou a Garda Civil, o presunto autor cumpre condena desde o mes de decembro de 2023 como autor de roubos con intimidación e agresión sexual a mulleres.

Agora, a xuíza acordou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, como presunto autor dun delito de homicidio debido aos indicios obtidos tras a análise autorizada pola xuíza das antenas de telefonía móbil e a súa conexión cos terminais de vítima e investigado.

O home prestou o seu consentimento para a toma de mostras de ADN, que serán cotexadas coas atopadas no cadáver da falecida.

Feitos

O corpo foi descuberto de forma casual o pasado novembro por un transportista que baixou do seu vehículo na zona e viuno. O cadáver, vestido con roupa escura e sen pertenzas ou documentación, estaba oculto detrás dun contedor e dun peche de pedras dunha leira, entre a maleza.

Tratábase, con todo, dunha zona bastante concorrida por vehículos, especialmente polo día, xa que enfronte hai un taller, e pouco máis aló, a estación de ITV do polígono. Aínda que a muller aparentemente non presentaba feridas, si tiña introducido un anaco de tea na boca, posiblemente un pano.

Ademais, os investigadores ven plausible que a morte se producise noutro lugar e que o corpo fora trasladado e "depositado" onde logo foi atopado. A autopsia confirmou a morte violenta da muller, de 37 anos e veciña de Vigo, e o caso investigouse como posible violencia de xénero. Agora púxose o foco neste investigado, que foi enviado a prisión provisional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade